MOURE GONZALO / MOURE, GONZALO
A finais do século XVI, despois da derrota da Armada Invencible,Jovino vive diversas aventuras nas que coñece o amor, a amizade perotamén a morte e o sentimento de vinganza. Nas augas de Porto Rico,suxire ao almirante Sancho Pardo de Donlebún unha trampa para atraerao mítico corsario inglés."Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake" é unha novelahistórica de piratas, ambientada no século XVI, onde Gonzalo Mourerecrea a historia de don Sancho Pardo de Donlebún, un antepasado seu,ilustre mariño castropolense que pasou a historia por ser o primeiroen derrotar ao lendario pirata Francis Drake, encargado polo gobernoinglés de abordar e saquear aos galeóns que facían a rota do NovoMundo cargados de tesouros.