Un novo poemario de Luís González Tosar, con limiar de Xosé LuísMéndez Ferrín e ilustracións de Manuel Quintana Martelo.[...] escribo a eito, en remuíño, sobre Luís González Tosar, que é unpoeta que traspasa, con esta súa Estúrdiga materia, a plenitude e amadurez. Fágoo desde o punto de vista daquel que o viu nacer comoescritor, que o viu medrar e se converter no home grande que é. Istoquere decer que, mais ca nunca na miña vida, estou a producir un texto discursivo no que experimento o certo da velleza. De por parte,escríboo na Underwood que mercara meu pai en 1919 e na que el llefacía as crónicas de Vilanova dos Infantes á Zarpa de Blanco Torres edon Basilio. E todo canxa ben porque o Tempo nos leva coma o río deDíaz Castro, todo en lapas... Diciamos plenitude, sabedoría, cume:este libro de Luís González Tosar arrastra por popa toda a literaturagalega e parte da feita noutras linguas que o autor frecuenta. Nestatradición e diálogo de culturas Estúrdiga materia é unha lecciónmaxistral que ha perdurar alén da nosa morte.Do limiar de Estúrdiga materia, Xosé Luís Méndez Ferrín