DE VIVERO, XURXO / VIVERO PÉREZ, XURXO DE
Eses nobres cazadores, unha guía completa dos mamíferos carnívoros que bastante penosamente resisten aínda persecucións e odios moitas veces infundados. Son os que viven en Galicia, que crían, medran e morrenen Galicia, aínda que tamén se engade un apartado final para aquelesque están aquí ", importados ", . E así, xunto ó lobo, oraposo, o oso aínda vivo nas montañas do Courel, as donicelas ou oteixugo, fálasenos tamén do visón en granxas, da aparición de Cuquita(a foca que veu do norte) ou do lince ollado unha soa vez.Vén asinadopor Xurxo de Vivero, que xa antes compuxera o volume adicado ás Donasdo vento, as aves rapaces de Galicia. E igual que naquel caso, aliteratura engárzase sabiamente coa ciencia para deleitarnos efacernos partillar, mesmo desde o sillón da casa, paisaxes esentimentos que a natureza aínda permite. Con el coñeceremos non só adescrición do animal, senón tamén os seus costumes, a súa sicoloxía.Olibro contén un importante apartado gráfico onde se expoñenfotografías a toda color e debuxos en branco e negro e a color detódalas especes das que se falou, para poder recoñecer, ou sórecrearse en actitudes ou detalles de cada un destes fermososcazadores.