Para calquera escritor, a recuperación e publicación das cartas queenviou e recibiu a través dos anos é fundamental, pois moitascuestións literarias poden ter -e habitualmente teñen- a súapertinente aclaración na correspondencia dos autores. Díaz Castro noné nisto unha excepción e aí reside a razón de ser da presente obra:exhumar as misivas coñecidas de contido literario das que o autor deNimbos participou como emisor ou como receptor.
Este Epistolario compila todas as cartas de interese literariocruzadas entre Xosé María Díaz Castro e outros autores ao longo devarias décadas. Nelas trátanse asuntos relevantes de xorne crea tivo e biográfico, de interese non só para a reconstrución de episodiosdecisivos da vida e obra do escritor de Guitiriz, senón tamén para omellor coñecemento de interlocutores como Ricardo Carballo Calero,Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego, Luís González Tosar,Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Piñeiro, entre outros. A lecturadestas cartas achega novas importantes sobre a poética de Díaz Castro, o envío de colaboracións aos medios, opinión lingüísticas diversas, a xestación e recepción das edicións de Nimbos, o seu nomeamento comocorrespondente da Real Academia Galega ou a súa participación enacontecementos literarios. Considerados no seu conxunto, estes textosfornecen unha documentación privilexiada para contextualizar a obraliteraria do escritor e a relación mantida con outros autores do seutempo.