O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra deSalvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impresoen Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tresmulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento dopríncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto históricoda Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente porJulio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobreo teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII.
A pesar da súabrevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra éextraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galegocoñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa engalego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunhareformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, oEntremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especiede tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galegodurante este período.
Escrita nun galego rico e coidado, é unhaobra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festasfelipistas da Galicia de 1707, pero non exenta tampouco de certascríticas e do humor inherente ó xénero. Os seus valores históricos,lingüísticos e literarios son abordados aquí respectivamente por Julio González Montañés, Ramón Mariño Paz e Anxo Angueira.