ENTRE DONAS

ENTRE DONAS

$26.598
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
ISBN:
978-84-9995-342-7
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
Castellano
$26.598
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegasactuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento enoutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabrae falar con voz propia, colocando as mulleres no centro dahistoria.En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:?Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes?, recoméndanosun dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir aliteratura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literaturaporque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade daescrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do?relato dos relatos? na socialización, na construción, destrución ecambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero. [...]Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende aprodución cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendogran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes decomportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocarun efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses edebilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máisadecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outrosmodelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosavisión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexapermanente.As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación.Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...]. Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].