ENSER é un libro breve e xeneroso, escrito con brillantez e cunhaatención característica que atende tanto á rítmica do texto como ámúsica da fala. Contén comedia, afecto examinado, contemplación, unhateoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e magníficas observaciónspolíticas. Hai nel un humor sobrio e un emprego coidadoso datemperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha durezaque, máis que un trazo argumental, é unha virtude estilística. Unhadureza que é claridade, ou ausencia de elementos superfluos (PabloSeoane).