FERNANDEZ DE LA VEGA, CELESTINO
Neste libro reúnese un mangado de ensaios publicados en libros,revistas e prensa. Recompílanse por primeira vez e edítanse ordenadoscronoloxicamente pola data de publicación. Tamén se respecta o idiomano que foron dados a coñecer, quer galego quer castelán, en función do momento no que foron escritos e do medio de comunicación ao que íandestinados. O autor, en carta de 1974, propuxo a idea e o título:"Reproduzo os ensaios tal como foron publicados, é dicir, someténdoosá proba do tempo".A obra ensaística do autor de O segredo do humor e introdutor deHeidegger en Galicia non era abondo coñecida por estar publicada dexeito disperso. Por primeira vez reúnense nun libro ensaios e artigosque, co paso do tempo, adquiren aínda meirande relevancia emultiplican os seus significados.