DUBERT GARCIA, F. / REI / DOVAL, G. / SOUSA, X / DUBERT GARCIA, FRANCISCO / REI DOVAL, GABRIEL / SOUSA, XULIO
En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor DavidMackenzie é un volume constituído por contribucións realizadas desdediferentes lugares do mundo e relevantes no ámbito da lingüísticaiberorrománica e tamén para a lingüística e literatura galegas. Estasliñas temáticas constitúen áreas de traballo centrais no historial dohomenaxeado. Nesta publicación participan algunhas das voces máisrepresentativas das devanditas áreas, tanto en Galicia coma nosEstados Unidos, Reino Unido, Irlanda e Australia. O Instituto daLingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela comprácese enofrecer á comunidade científica esta homenaxe, expresión de gratitudee recoñecemento a David Mackenzie, que sen dúbida contribuíu a abrirtanto Galicia ó mundo coma o mundo a Galicia.