Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e contodos os folgos do seu espírito magnánimo. Reflectiu esa paixón polopaís ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística exornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e aspequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías,toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e apaisanaxe galegas. Prestou particular atención, como modelo do seuadiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de mullerempoderada.Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromisoirrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar acoñecer en Europa e en América. Nas súas novelas e contos foi quen deconverter a realidade galega do seu tempo en mito universal, comofarán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro.Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súaresidencia estival, a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazánabranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas. Como afirma axeitadamente RamónVillares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto noconxunto da súa obra como na realidade da súa vida.A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalistagalego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo éesencialmente cultural e literario, non político. No seu pensamento,Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran naciónque é España. Chegou a recoñecer para Galicia a condición denacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista podelevar ao separatismo, que ela rexeita abertamente.