A presente Historia da paisaxe é unha ferramenta indispensable paracomprender a evolución desa idea estética en Galicia. No primeiro tomo vimos como as prácticas paisaxeiras -a pintura, as descriciónsliterarias e os xardíns artísticos- apenas se desenvolveron en Galicia entre 1517 e 1700. Anos de auténtico rigor moral, sinxelamente nonapareceu o espazo necesario para o seu florecemento. Neste segundotomo fálase da etapa que ten lugar entre comezos do século dezaoito e1833. Agora, aos novos poemas e descricións do país súmanse os xardíns dos pazos e os primeiros pintores paisaxistas profesionais. Comopodemos explicar a curiosa coincidencia cronolóxica que se da naaparición destas novidades? Segundo o autor, todo apunta a que osproductos xurdiron agora das mentes de escritores, artistas e mecenasvinculados cun movemento concreto, unha elite social e intelectualcoñecida con nome de Ilustración. Só despois de que un puñado derenovadores comezase a observar con atención o contorno, puidoiniciarse a súa explotación como fonte de pracer estético.