ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA

ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA

$38.111
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-454-6
Páginas:
282
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$38.111
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición detexto para a escena é como ler un guión cinematográficoprescindindo da orientación ao filme en que, no mellor doscasos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde aperspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de CarvalhoCalero, en coherencia coas súas palabras Eu endexamaisescrevin teatro para ler. Iso orienta o noso esforzo deanálise e interpretación d'A sombra de Orfeu e o Auto doprisioneiro,pondo de relevo as moitas posibilidades que ofrecen,a súa incardinación na historia da cultura e o non benrecoñecido oficio teatral do autor, até o punto de a primeiradas obras nunca ter coñecido as luces do palco. Conxúgansenese azar os problemas crónicos do teatro galego co doentíoescurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a proscricióndun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indicaa necesidade que o poder opresivo ten de se defender contraa forza soberana a retornar desde a sombra. Non existemellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho,para se dar orixe, está viva. Por iso, o Día das Letras Galegasnon conseguirá reducilo a estatua inerte e confortábel, ninpoderá enterralo, para o silenciar de vez, no panteón doconsabido e pacificamente ignorado. A súa obra continuaráa nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común,permanecerá inesquecido, inesquecíbel