Conxunto de trece relatos de Samuel Solleiro (Tui, 1982), autor queata o de agora só tiña publicado en revistas culturais como A Xanelaou Keltoi, ademais de en diferentes volumes colectivos. Nesta entregarecopílanse os relatos titulados ", Abundio Domínguez, pescador de homes ", , ", As caras da lúa ", , ", Vida (e outrosmilagres) ", , ", Dados que xogou Saturno ", , ",Escaleira ao ceo ", , ", A pipa de papá ", , ", Oes,Adán ", , ", Polos xardíns da carne ", , ", Inclinadonas tardes ", , ", A trompeta afiada do segundo anxo ", ,", A última palabra ", , ", A tumba dos loitadores ",e ", Variacións sobre un tema de choiva ", , todos elescaracterizados pola súa temática apóstata, nos que se fustiga contratodas as crenzas e tópicos da nosa sociedade, onde a relixión é adiana cara a que apuntan todos os dardos, especialmente en relatoscoma os que abren e pechan a obra.Téntase ridiculizar todo oridiculizábel, reducir a relixión a algo anecdótico e mesmo aspectoscomo a antropofaxia son tratados coa naturalidade e a indiferencia decalquera outro tema. Unha visión mordaz e chea de ironía da realidadeque o rodea, facendo gala do seu ateísmo e anticlericalismo queentronca coa tradición de bufón e xograr vocacionalmente herexe,presente na tradición literaria.