LAMA, XAVIER / LAMA LÓPEZ, XAVIER
Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro demonicreques (modalidade adultos) 2014.
Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita aovello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramáticona perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis dedous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo, a súa artelírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír dofurado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcosdo gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, poispresenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras,pantallas, máscaras e, quizais, mómaros.
O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar osublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexiadas derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulentadisposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante nocontorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepcióncoherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidorasdo mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máisinfernal: o do alén ou o dunha ´vida´ que aniquilou a Eurídice porsobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos sonquen a redimirnos. E grazas.
Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambiciosoconseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestestempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos.
A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moitaprofundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moirendible e pouco vista hoxe.
Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple pretexto ou produto subordinado.