JARES, XESUS / RODRIGUEZ JARES, XESUS
Durante o ano 2008 celébrase o 25 aniversario de Educadores pola Paz,grupo que forma parte do movemento de renovación pedagóxica NovaEscola Galega. Para conmemorar esta efeméride, Xesús R. Jares,desaparecido o pasado mes de setembro, impulsou a publicación dunhatriloxía, Educación e Paz, coa intención de que recollese as achegasdos homes e mulleres que, ao longo destes anos, veñen traballandoarredor dos obxectivos que promove Educadores pola Paz. Con estaintención naceron os tres libros que constitúen o proxecto, deseñadoen colaboración con Edicións Xerais de Galicia. Educación e Paz III.Literatura galega pola Paz, que recolle textos narrativos e poéticosde autores e autoras galegos inspirados na cultura da paz. Textos quetanto polo seu valor literario como polo seu contido temático, poidanser utilizados nas aulas para espallar os obxectivos que defendeEducadores pola Paz.Participan no volume quince narradores (Rosa Aneiros, Ramón Caride,Fina Casalderrey, Francisco Castro, Xabier P. DoCampo, AgustínFernández Paz, Jaureguizar, Manuel Lourenzo González, Xosé Miranda,Teresa Moure, Xavier Queipo, María Reimóndez, Manuel Rivas, AnxosSumai e Suso de Toro) e catorce poetas (An Alfaya, Fran Alonso, CelsoAlvarez Cáccamo, Marica Campo, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro, Olga Novo, María Xosé Queizán, Román Raña Lama,Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel e Rafa Villar), aosque se engaden os textos creados polos membros do Obradoiro de LinguaGianni Rodari, vencellados ao movemento de Educadores pola Paz.Os dereitos de autor xerados pola venda deste terceiro volume, editado como os anteriores por Edicións Xerais de Galicia, destinaranse, apartes iguais, a Amnistía Internacional-España e a Greenpeace-España.