FREIRE, SANTIAGO / FREIRE CORDEIRO, SANTIAGO
Este é un disparatado intento de explicar o Universo e a vida. Tiven a desvergonza de poñelo en verso, marabillado polo incesante brillo dos astros e a estupefacción elemental que supón estar vivo. Algúns foron inspirados por nenos e nenas que me contan cousas do seu día a día,outros xurdiron da chistera do ilusionista nada. Só pretendo prender a faísca da alegría, aínda que tamén dispón dun oco para a tristeza,porque ambas son irmás que van collidas da man. Un poema levarache aunha illa perdida no océano do noso interior, onde te agardo. Supoñoque quererás saber algunha razón pola que considero que o debesmercar. Non a hai. Iso depende de ti. Abre o libro ao chou. Le unsversos. Se algún che fai sorrir, dareime por satisfeito. Coidado!,debes ver cos ollos do primeiro neno que ergueu a cabeza cara aofirmamento.