Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto aonoso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinadoa unha pequena escola da Costa Morte, un exilio interior que o iráseparando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausenciairá provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lleobrigan a buscar refuxio noutras realidades que, quizais, poidanresultar insuficientes ante o baleiro que depara a soidade. Redactadaa camiño entre o diario, a novela e mais o ensaio, ...distancias...propón unha reflexión profunda sobre o valor e o sentido da arte e dacultura na conformación da nosa persoa, un valor que entra en crisecando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico epsicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espellono que nos poder observar a través da longa experiencia de séculos dahumanidade no recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión doque fomos, somos ou criamos ser.