DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

$60.288
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Lenguas e idiomas
ISBN:
978-84-9782-869-7
Páginas:
448
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Peso:
1179
Dimensiones:
280x215
$60.288
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Dicionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través damitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela,un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén éunha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lecturaamena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizodunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máisimportantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimosanos.Nas 710 entradas das que consta o Dicionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras,entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade, roubar o peiteda moura, recoller carbóns que se convertan nun tesouro, sufrir conpaciencia a trasnos, diaños e tardos, durmir con Pedro Chosco, termedo da Estadea, fuxir con Brancaflor ou oír os contos de MaríaCastaña.O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa,asaltará casas con Pepa a Loba, beberá na fonte de Ana Manana, voarácon meigas, chuchonas e nubeiros, correrá sete parroquias coslobishomes, verá como Deus crea demos e anxos, asombrarase con lobos,cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios, navegará no BergantínPantasma, andará os camiños coas ánimas da Compaña, tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte, enfrontarase co Can Negro, co LoboBranco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña,visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ouValverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabosdo mundo, coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos,Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco, lerá oCiprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar osbiosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.