Esta é a historia dunha relación marcada polo pulso vencido do tempo.Tempo definitivamente acabado. De inescusable conclusión. Osderradeiros días da relación entre pai e fillo.Horas e horas dehospital e corredores brancos. Vivir, nesas circunstancias, é unhaparéntese de reclusión, unha referencia perpetua de dor eesgotamento.A morte en primeiro plano, ao fondo os camiños do ano1994. Un libro de retorno e reflexión. Percorrido pola voz sutil damemoria até o silencio que tronza ese traxecto de testemuños elembranzas.