A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningúntipo
de aspiración pretensiosa, abordo os temas que máis mepreocupan.
O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre
os que xiran estes textos, con distintasmanifestacións dentro de cada
unha das materias.
No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a noción
denacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome
naspropias experiencias.
Da ética, trato cuestións relacionadas coaeducación na violencia,
no culto ó feo e no inmediato, alicercesque fomentan a deturpación
da paisaxe, a concepción do amor enparella ou polos nosos maiores,
abandonados como electrodomésticosinservibles.
Asemade reflexiono sobre o acaparamento de ideasnobres (o ben
e o mal, o xusto e o inxusto, o lícito ou oprohibido) pola relixión e
polos gobernos de calquera signo.
Por último, a poesía, representación total da ética e dadignidade.
Unha forma de coñecemento profundo. Como dixo Pessoa:comprender
sentindo moito.