CANEIRO, XOSE CARLOS / CANEIRO PÉREZ, XOSÉ CARLOS
Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propiaspalabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar omundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible,cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Queríacambiar o mundo, prometo. (?) Creo que a poesía é o que fai mover osilencio. Non encontro definición máis certa para este libro de versos e cancións. Poema e canto. Para os gregos eran a mesma cousa, enrealidade, cantor e poeta resultaban idéntica voz. Orfeo congregabacoa súa lira a homes e mulleres, tamén a ninfas e deuses e musasinspiradoras, para que contemplasen o movemento invisible do silencio. As veces choraban os seres reunidos, arrancadas as bágoas polosilencio. As veces repousaban a súa alma e deixaban correr entusiasmo: náufragos de ventura, felices. Como escritor non encontrei aíndamaior felicidade que un poema que emocione a quen o escoita (creo quea poesía sen emoción é unha mentira máis, unha acrobacia intelectual,hermética, críptica e voraz: carcome a literatura). Recito. Sempre.Camiño por diante, asfalto, nubes, quilómetros, verso por verso. (?)Con Despois de ti, a chuvia só pretendo mover o silencio. Emilio Rúaentendeuno. A súa sensibilidade danza en cada nota e transforma,transfórmanos. A poesía segue cambiando o mundo. Con perdón, afirmo.