DESPOIS DA CHUVIA

DESPOIS DA CHUVIA

$29.275
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Temática
Libros para niños
ISBN:
978-84-8464-968-7
Páginas:
32
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Peso:
380
Dimensiones:
290x195
$29.275
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Despois da chuvia é unha fábula moderna sobre a superación
das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración
duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante
nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase
para buscar comida e auga, pero o grupo non cre
nas súas capacidades -nin nas súas intencións-
e encomenda esas tarefas a outros animais.
Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela
de Album Ilustrado están presentes a solidariedade
e o traballo en equipo na busca do ben común,
que non depende do luxo, senón de elementos esenciais
-e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas.
Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura
e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva
a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabarásorprendendo cunha valiosa achega que supera
as expectativas de todos. O protagonista deste relato
enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente-
pretende conseguir o inacadable.