Vigo é unha cidade en perpetuo movemento, ao igual que a ría baña assúas praias, avanzando e retrocedendo co ritmo do seu fluxo, así semarcan os acontecementos da súa actualidade e o seu pasado.DescubrirVigo amósanos cada recuncho da cidade que alguén bautizou como A Porta do Atlántico, dende a súa extraordinaria e esquecida arquitecturacivil ata as inevitables pegadas do seu meteórico crecemento, dende afermosura natural dunha contorna privilexiada ata o rebumbio constante que decira o motor económico de Galicia.