Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón aderradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador exornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove,1990). Con ela péchase o ciclo, que comezara coa Escolma ferida (1977) e que continuou, ademais doutros libros poéticos, con Nova escolmaferida (1988). Este poemario inédito e póstumo, que o autor deixoudisposto para a súa publicación, nesta ocasión en edición de RamónNicolás e con limiar de Xesús Alonso Montero, é tamén unha revisiónactualizada da súa obra anterior, un achegamento á rotundidade e aolirismo da súa voz, unha ocasión para revisitarmos a polifonía esinceridade dun autor cuxa obra o tempo non eslúe nin desgasta.