CASALDERREY,FINA / CASALDERREY, FINA
Paulo, un neno de oito anos, vive nunha bufarda da rúa peonil máiscéntrica da cidade. A súa nai traballa de caixeira nuns grandesalmacéns e o seu pai foi despedido da fábrica de mobles ondetraballaba como vernizador. Paulo percorre a súa rúa procurando osescaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. Con todo, o seuescaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric precioso, que Paulo desexa como o seu agasallo preferido. Paulo convertérasenaqueles días de Nadal no neno máis bo do Universo, pero algoaconteceu na mañá do día de Reis cando prendeu a luz, sentou na camae... daquela baleirou toda a súa rabia na carta máis longa que nuncafixera na súa vida. Derradeira carta ós Reis Magos de Fina Casalderrey é un conto de nadal escrito ao estilo clásico, tan sinxelo e brevecomo intenso e conmovedor. O libro foi ilustrado fermosamente polaartista cubana Hoa-binh Melgar.