BLANCO, VICENTE / CIDRAS, SALVADOR
PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXÍA 2020Debuxar o mundo xorde da experiencia dos autores como artistas eprofesores nunha facultade de formación de profesorado. Partindo dodebuxo como un medio espontáneo, ubicuo, democrático e inherente aoser humano, examinan a práctica artística e educativa do debuxo. Olibro recolle as propostas de debuxo froito da súa investigaciónartística levadas a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria encolaboración con escolas, familias e colectivos interesados enmetodoloxías activas. Agrúpanse en catro apartados: volver debuxar(pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infanciarecuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde convivenpalabras e imaxes), xogar debuxando (o debuxo a través do xogo) econcienciar debuxando (debuxo activista). Todas elas comparten como de características o incidir na idea de proceso (descubrir formas defacer abertas que non buscan un único resultado), experimentar condiferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas, favorecer acreación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostasestereotipadas, e educar o sentido estético.