De rosa antiga pretende celebrar as vodas de ouro de Helena VillarJaneiro coa poesía (1972-2022), unha escolma que poida ser mostrasignificativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que seiniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participouno Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñannestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeirospoemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, asúa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesíamínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de caráctersocial ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.