Un poema é un ser vivo que anda.
Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos aafirmación de a literatura galega tamén ser un ser vivo en constanteevolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e osmalos ventos de cada época, dar forma á utopía, focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao pasofirme, en todos os medios de transporte posíbeis en cadacontemporaneidade.
Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como opoema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar eaceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumira pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema,nunca morre.