DA NATUREZA DE ESCRITORES, ARTISTAS E VERMES

DA NATUREZA DE ESCRITORES, ARTISTAS E VERMES

ENSAIO SOBRE O PRACER DO TRABALLO NUN DIÁLOGO CON KARL MARX

$31.524
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
Temática
Enciclopedias y diccionarios
ISBN:
978-84-9865-532-2
Páginas:
148
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x135
$31.524
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O ensaio Da natureza de escritores, artistas e vermes xira arredor dotraballo. Baixo a categoría de traballo enténdese o proceso polo calos seres humanos dan sentido ás súas relacións coa natureza e asociedade, de aí que o traballo sexa creador de relación social. Durán Medraño, nun atento diálogo con Karl Marx, distingue entre ascategorías de traballo produtivo, que é o traballo tal e como aparecesuxeito ás relacións capitalistas de produción, e o poder produtivo do traballo, como aquela actividade que consiste na transformaciónmaterial da realidade. Fronte ao traballo produtivo, o poder produtivo do traballo é analizado en canto capacidade humana de negar arelación fixada polo capital. A transformación social que o poderprodutivo do traballo comporta, segundo expón Durán Medraño, significa revolucionar a relación social entre os suxeitos e dos suxeitos coascousas, é dicir, significa unha construción anovada do cotián. Estatransformación é abordada no ensaio desde tres ángulos diferentes.Dunha parte, analízase a relación cos produtos do traballo como unharelación emocional-sensíbel, tal e como ésta foi teorizada noprodutivismo soviético. Doutra vparte, mantense que a relación social, ou a praxe dos suxeitos, se ten que converter nun acontecer que écontinuamente «degustado», e nese sentido faise unha análise dosensualismo materialista do filósofo da Ilustración francesa DenisDiderot. Por último, o ensaio aborda o comunismo radical do artistainglés William Morris, quen sostiña que o traballo debe estarsustentado no libre desenvolvemento das capacidades e inclinacións doser social, o que incide no desenvolvemento pleno da vida socialcolectiva desde a perspectiva do traballo como pracer.