Corre o derradeiro terzo do século XIX e Karl Marx escribe, nabiblioteca do British Museum, a segunda parte da súa obra máissenlleira, O kapital, cando lle rouban parte do manuscrito.Un noviño e espelido Sherlock Holmes, acompañado do poeta CurrosEnríquez, un mozote acabado de chegar ao Reino Unido tras a súa fuxida de Galicia, onde esperaba atopar un mundo novo de progreso e cultura, emprega-rán todas as súas habelencias para resolver este misterio que oslevara, nunha apaixonante aventura, polas perigosas e misteriosas rúas do Londres vitoriano.