CUMES TORBOENTOS

CUMES TORBOENTOS

$45.251
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
ISBN:
978-84-8487-650-2
Idioma:
Castellano
$45.251
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

\"Wuthering Heights\"\" ou \"Cumes Torboentos\", na nosa tradución, éunha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e EmilyBrontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato deescritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro,aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas.
A novela éunha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón emaila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmoperverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño enunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitosdos persoaxes.
É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historiapasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra quecrebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coasúa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, \"Cumes Torboentos\"non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff,senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliffmanipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todovolve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición emaila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestadeno devir dos páramos.
\"Cumes Torboentos\" é un libro que gañou odereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras quecalquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unhadas mellores novelas de tódolos tempos.

Otros libros del autor