Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña,esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha linguaextinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha tramaatractiva, escrita cun estilo poderoso, que supón unha profundareflexión sobre a identidade e a represión lingüística, ambientada naGran Bretaña de hoxe. "Crónica Córnica" é unha novela que sorprende edestila amor polas palabras e as linguas en cada páxina, abordando untema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, detintura saramaguiana, técese a través dun personaxe colectivo que seencarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras,pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composición polifónicaque adopta as formas do relatorio e da crónica onde, por veces, é máis importante o non dito, o diálogo imaxinario, do que a vozdirectamente expresada. Unha novela contemporánea, que pode ser lidaen moitas claves, que pivota sobre a tríade lingua, identidade esociedade, e foi enunciada non desde o discurso científico, senóndesde a fabulación murmurada de boca a orella. Un intenso e metafórico berro literario a favor das linguas e contra a marxinación e asdesigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos epobos.