YAÑEZ CASAL, ANTONIO / YÁÑEZ, ANTONIO
Crisóstomo o alifáfaro é unha novela fantástica de Antonio Yáñez Casal que resultou finalista do Premio Raíña Lupa 2004, convocado polaDeputación Provincial da Coruña. Antonio Yáñez Casal vive en Ferrol,cidade na que naceu en 1959. Boa parte das súas vivencias estánligadas tamén á vila de Cariño, de onde é a súa familia. No eido daliteratura foi por dúas veces finalista do Premio Raíña Lupa deliteratura infantil e xuvenil, a primeira na edición do ano 2000 coaobra Don Cosme e o telegrama amarelo(publicado en 2004), e a segundano ano 2004 con esta obra, Crisóstomo o alifáfaro. Así mesmo, en 2005foi finalista do Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil,convocado por Edicións Xerais, con Natasha e Dimitri. Encargouse deilustrar este libro o debuxante Miguel Porto.