Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón,profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas aoxeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenadadende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso polaUniversidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballocomo escritor profesional en lingua galega. A reflexión sobre a ansiade narrar, a experien-cia vivificante como lector, o diálogo coacreación e o tempo contemporáneo, ou a permanente busca de sentido etrascendencia á propia vida constitúen algúns eixos temáticos dunlibro onde a biografía e a obra literaria de Suso de Toro vanseentretecendo como saba de liño. Acompáñase o libro de varios textosinéditos, como os seus primeiros relatos, publicados aos dezaseisanos, ou as "Media docena de vidas", modestas autobiografías queretratan as diversas máscaras do autor de ficción e ensaísta para quecada lector escolla a quela que mellor conveña.