O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernándezdel Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono copropósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo.Este libro é o resultado das conversas que durante máis de oito díasmantiveron o veterano galeguista falecido en 2010 e o xornalista que«igual ca Philippe Marlow, leva con heterodoxia a súa condición dedetective», en palabras de Manuel Rivas.Estamos ante un verdadeiro testamento cultural e político do quepensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida,un testemuño onde ispe a súa alma e estrulla os miolos para transmitir todo o que sabía, pensaba e sentía sobre Galicia. Un libro sincero eauténtico, espontáneo, onde o entrevistado achega informaciónshistóricas de gran valía e que de seguro resultarán de moito interese.