RAFA FDEZ. LORENZO / HEITOR MERA CARBALLO / FERNANDEZ LORENZO, RAFAEL / MERA HERBELLO, HÉITOR
Bernardino Graña, un dos grandes poetas da literatura galega de todosos tempos, conversa ao longo destas páxinas con Rafael FernándezLorenzo e Héitor Mera Herbello sobre a súa vida, a política e aliteratura, facendo un repaso da súa dilatada experiencia vital e dotempo que lle tocou vivir. A través de múltiples anécdotas, sucesos epequenas historias, este libro de conversas con Bernardino Grañaconstitúe unha xanela á que os lectores poden asomarse para o seu gozo e pracer: desde a infancia e mocidade do poeta -entre Ribadavia eCangas- e a súa etapa universitaria, ao intenso período de formacióndo mítico grupo Brais Pinto (que tan positivos resultados daría para a literatura galega), sen esquecer nunca ao creador, ao escritor, a ese imperecedoiro Bernardino Graña entregado con paixón á literatura..Este libro de conversas con prólogo de Gonzalo Navaza, constitúe uneficaz exercicio para achegarse a aspectos menos coñecidos da obra eda personalidade do poeta de Cangas e recuperar a nosa memoria através do texto privilexiado dun creador irrepetible.