BORRAZAS, XURXO / BORRAZÁS FARIÑA, XURXO
Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, queteñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vaidende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeirovolume de Borrazás, son &apos, coma un iceberg, o que lemos é sempremenos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade,misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.A estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e noshipermercados, como xeito de obter pracer... O gardacostas quereflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten queprotexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... Ocomisario que pretende averiguar quen é Pierre Menard, o personaxe deBorges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dosrelatos, especialmente en ", Iniciais ", e ", O poeta el", - despois de recibir un enigmático anónimo... As vodas de ourodunha parella de xubilados en Puerto de la Cruz, infelizmenterematadas no voo de regreso... As encargas que recibe o mendigo quecome latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu ", traballo ", ... O dono da carnicería que parece matar asúa muller meténdoa na cámara frigorífica... A secuestrada que vivenunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrezmagnético cos seus secuestradores, soñando co deserto doSahara...Contos malvados constitúe un excelente libro de relatos. Oque cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coarealidade, para disfrute do lector.