Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máisinteresantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca enboca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo.
Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite depalabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súatransmisión activa.
Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos(contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territoriosuroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seusarredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras deViana do Bolo.
Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dundemorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios daantiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega.