O exotismo e a natureza salvaxe da vida indíxena americana protagonizan os relatos dun veterano xornalista de guerra, escritos durante a súa estadía no "Novo Mundo".
Estes catorce contos falan da vida máis alá do Atlántico introducindo unha nova concepción do mundo, máis pausada e en comuñón coa exuberante natureza dos lugares nos que discorren as diferentes accións: o río Paraná, Rio de Janeiro, San Miguel de Tucumán, Cuauhnahuac...