Nacido a fins de 1928 na aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) eresidente en Cuba desde 1961, Xosé Neira Vilas é un dos narradorescontemporáneos de maior éxito nas nosas letras, sobre todo a través de volumes emblemáticos como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo,Aqueles anos do Moncho (número 12 na nosa colección), Remuiño desombras ou Tempo Novo.Partindo dun consciente proxecto detradicionalismo narrativo, Neira Vilas mostra unha constantepreocupación por transmitirnos a súa vivencia e mais a súa visión daGalicia interior e da Galicia emigrante, contempladas en moitasocasións desde os ollos dun neno/adolescente.Toda esta perspectivaxorde nítida para o lector da selección de relatos que constitúeContos de tres mundos: unha ollada comprometida co país e mais coasxentes que o habitan, amparada sempre desde unha prosa de pulso firmee certeiro.