GRIMM, HERMAN / GRIMM, JACOB / GRIMM, WILHELM
Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmánsGrimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustradospor algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobreantoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo,suxestivamente titulada "Teoría do final feliz" e remata cun emotivo"Lembranzas dos irmáns Grimm", escrito por Herman Grimm, fillo deWilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración dacuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes.Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, "O lobo e os setecabritos" e "Os músicos de Bremen". Fino Lorenzo, o outrorepresentante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de"Nabiña" e "Os mensaxeiros da morte". Silvia Blanco de "O fiel Xoán" e "Os mensaxeiros da morte". Tino Gatagán de "Hänsel e Gretel" e"Brancaneves". Javier Zabala de "O pescador e a súa muller" e "A viaxe de Polgariño". Pablo Díaz de "O xastriño valente" e "Brancaneves eRosavermella". Miguel Calatayud de "A Cincenta" e "O paxaro de ouro".Jesús Gabán de "Carapuchiña Vermella" e "A Bela Dormente". FedericoDelicado de "Os seis cisnes" e "A raíña das abellas". Por último,María Jesús Santos de "Polgariño" e "A laverca cantareira esaltareira".Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a todapáxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, amagnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, oacabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volumeun estupendo agasallo para o Nadal.