Nestas páxinas de fasquía singular, o autor de A carta roubada e Oenterro prematuro abre novos vieiros á narrativa ao tempo que profunda na imaxinación do ser humano sen desbotar aquelas rexións que abeiran o descoñecido. O escritor norteamericano, un dos fundadores danarrativa moderna, é iniciador de xéneros literarios ao tempo quecrítico mordaz das ideas convencionais. A fe cega no progresocientífico e o poder desmedido da prensa na fixación da verdade sonsatirizados de xeito maxistral por Poe nalgúns destes contos.Velaquí o terceiro e derradeiro volume da edición en galego da obracontística de Edgar Allan Poe.