Un libro traducido ós principais idiomas europeos, éxito seguro entrepedagogos e ensinantes, un punto de vista moi diferente sobre adelicada cuestión do rechazo xuvenil á literatura e en xeral a todocanto cheire de lonxe a cultura.
Xa está dito que ", para aprender, ou ver ou ler ", , e moitofiáis fácil para a gran maioría é coñecer o mundo e as distintasformas de vivilo e interpretalo e mesmo de imaxinalo a través daliteratura. A través dos libros, calquera clase de libros, sempre quesexan bos.
Pero o gran problema para os rapaces de hoxe, unha vez superado o seurechazo instintivo á lectura, é saber distinguir os libros de baixacalidade dos libros que conteñen obras de arte ou sabedoría.
Fronte ós comecocos e videoxogos que o mercado lles ofrece cada vezfiáis sofisticados, fronte á idea -tamén moi divulgada en relación coconsumismo- de que o intelectual é de vellos e ser vellos non é bo,fronte a idea de que ler é cousa de persoas pasivas e apalancadas,fronte a procedementos demasiado brutais ou demasiado rebuscados paraconseguir que os rapaces lean, Daniel Pennac propón a liberdade,propón compartir aquilo que se disfruta, propón a experiencia persoalna literatura. Menos análise, menos esquematización na aprendizaxe doque está feíto para ser disfrutado, menos obsesión por que lean acalquera prezo. A literatura, a boa literatura é intelixenciacreativa. Iso é o que se precisa para transmitirlle ós rapaces de hoxe a conveniencia de ler e conseguir crear, a través da boa literatura,un territorio persoal de vivencias insustituíbles.