A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenosunha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade:o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máisradical da disidencia, como un acto político, revolucionario eantiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dunrelato poliédrico, a personaxe principal conéctanos conintrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunhaverdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz dedialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes datensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoasdependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos oucientíficos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.