COGOMELOS DE GALICIA E DO NOROESTE PENINSULAR

COGOMELOS DE GALICIA E DO NOROESTE PENINSULAR

$64.975
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
EDICIONS DO CUMIO S.A.(D)
Año de edición:
ISBN:
978-84-8289-464-5
Páginas:
616
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
Castellano
$64.975
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación enque se describen os cincocentos cogomelos máis representativos donoroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que se desexan achegar á micoloxía ou para os estudosos quepretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía deconsulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseadonas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e onoroeste da Península, facendo un percorrido pola maioría dosecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonosata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e asparasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedadepodemos asegurar que están representadas a maioría das especiescomestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos vanacompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas nohábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datosecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos ecolocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máiscaracterísticos.Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describeoutras cincocentas especies e cuxo título é "500 cogomelos do litoralatlántico e noroeste peninsularö.