AA.VV
As coleccións de leis que presentamos neste volume son compilaciónsque varían en sofisticación legal e literaria, e que foronrecollidas por escribáns nas escolas e centros reais da antigaMesopotamia, entre os séculos XVIII e o I a.n.e. Algunhas destascoleccións, como o famoso Código de Hammurabi, tiveron unha expansióne unha influencia determinante na historia da humanidade, esupuxeron un dos primeiros intentos do ser humano por dotarnos dunmarco que regulase as relacións humanas.Os textos que aquí presentamos, en tradución directa ao galego, teñencomo característica común procederen todos de orixinais enlingua acadia (en concreto en paleobabilonio, variedade arcaica dalingua da área de influencia de Babilonia) e relacionados coametrópole babilonia.