Unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxesrealizadas nos anos 1949 e 1950 a través de Chile, son o xérmolo deste libro, escrito por Eduardo Blanco Amor como parte do importantetraballo literario e xornalístico que desenvolveu en Sudamérica.Escrito cunha prosa tensa e penetrante que vai do ton poético máisfondo ao humor máis irresistible. Páxinas antolóxicas, coa requintadapercepción da realidade dun pobo, unha xeografía e unha cultura.Segundo palabras do propio Blanco Amor, "algunhas veces enredei máistempo en ver unha vila -Iquique, por exemplo- do que un redactor deLife para todo un continente".