Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpreafastarse da realidade e contemplala a distancia. Para que nonnos acabe por engulir. Iso é, nin máis nin menos, o que lle acontece a Daniel, o protagonista desta novela. En plena crise persoal eeconómica, acentuada por un escuro asunto fraudulento do que foivítima, decide aproveitar as vacacións de Nadal para descansarlonxe, nunha praia paradisíaca de Tailandia. Só para iso, para que asameazadoras circunstancias que o abafan, un matrimoniofracasado, un negocio de antigüidades en decadencia, unha familia quelle reclama responsabilidades desmedidas e unha ansia deliberdade que xa parece ilusión va, queden un tempo á marxe e deixenalbiscar un horizonte novo.Mais, cando xa está a piques de volver para a casa, aos seriosproblemas do negocio familiar e á súa contraditoria vida sentimentalsúmaselle un acontecemento inesperado que vai complicar aínda máis asúa maltreita existencia.Con Unha cervexa Chang, Manuel Portas explora mares narrativosque nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigaciónpseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos,nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer.