e o urbanismo dos mariñeiros, San Francisco e a Concatedral, aPinacoteca, espello da arte galega, o mar retraído na Pedra e a Laxe,as prazas da Constitución, a Princesa e a Porta do Sol, que lindan coVigo novo, o barrio alto cada vez máis renovado. Unha xeografíaencostada, unha enxeñería contundente, continuas reviravoltas entreescaleiras, ramplas e pasos elevados, abeirados por cruceiros,escudos, fontes e mesmo esculturas de vangarda. Unha viaxe pola vidados antepasados, un andar cara ao futuro.