Cegoñas no fondo da ría é unha colección de 25 "atopocronías", sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e queconforman un corpus mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidadede Pontevedra.
Manuel Lourenzo González lévanos a descubrir nestas páxinas algúnstemas tan suxestivos como a pesca das sereas, o Coloso de Tambo, oincendio da Biblioteca Panxeica de,Pontevedra, rodando Casablanca nocafé Moderno, o turista que botou raícese despois pólas e logo flores, a Pedra de Rosetta da cultura castrexa, cando América nos descubriu,un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego, tras o misterio do reiUrco, o Pontevedrés Errante, o mago que conseguiu a inmaterialidade, a científica que o descubriu todo e foi como se nada, a primeiraaterraxe dun dirixíbel na Ferraría, santos republicanos, Elvis Presley nas festas da Peregrina, o Diluvio Universal de Pontevedra, a xaciaque chegou a Papisa, a muller que faleceu e non o sabía, a teoría dasterras furadas, o alquimista verdadeiro, o tesouro do Preste Xan, aspirámides dos atlantes, a lenda de Ravachol, A Gioconda no MuseoProvincial, princesas escandinavas primeiro meigas logo santas, unhaPontevedra na selva ecuatorial africana ... cegoñas no fondo da ría